Na Pobra detidos dous veciños por cinco delitos de roubo con forza e violencia

24 Novembro 2021

A Garda Civil de Boiro detivo a dous homes veciños da Pobra do Caramiñal como presuntos autores de cinco delitos de roubo, roubo con violencia e receptación de efectos en locais de hostalería da localidade pobrense. Os feitos ocorreron ao longo dos últimos meses en locais de hostalería da localidade da Pobra.
A Garda Civil iniciou unha investigación de todos os feitos para lograr a identificación plena do autor ou autores dos mesmos e a recuperación dos efectos subtraídos.

A benemérita logrou a identificación plena dos autores dos mesmos; dous veciños desta localidade, coñecidos das forzas de seguridade por outros feitos ilegais.

A Garda Civil procedeu á detención destas dúas persoas como presuntas autoras de cinco delitos de roubo con forza e dúas en grao tentativa, cooperación necesaria e receptación.

A Benemérita tamén esclareceu con esta detención un roubo con violencia e intimidación cometido o pasado día 3 a unha señora de 65 anos veciña da Pobra do Caramiñal, á que lle arrebataron con forza o bolso no que portaba as súas pertenzas. Sufriu lesións das cales tivo que ser atendida polos servizos sanitarios. A contía dos subtraído nos feitos delituosos ascendo a máis de 1.300 euros, gran cantidade de bebidas e comida valorada en máis de 3.500 euros, e a recuperación dun teléfono móbil, sinalan as mesmas fontes.

Os detidospasaron ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión para un deles e liberdade con cargos para o outro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.