A Pobra volve apostar polo concurso de embelecemento de balcóns e fachadas para o Nadal

18 Novembro 2021

A Pobra do Caramiñal comeza a quecer motores cara á época do Nadal coa segunda edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas que convoca a Concellaría da Promoción Económica. Trátase dunha proposta extensiva a todo o municipio -Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre- coa cal se pretende incentiva-la participación da veciñanza na ornamentación dos seus balcóns e fachadas, contribuíndo a incrementa- lo carácter vistoso das rúas nunhas datas tan sinaladas.
Segundo manifestou a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), trátase “de participar para facer este Nadal máis máxico.”

Neste senso, a técnica municipal, Sara Sánchez, indicou que se quere así “achega-lo Nadal a todo o concello.”
Agárdase supera-las 35 inscricións acadadas na pasada convocatoria.
Establécese un premio por cada parroquia, consistente nunha cesta do Nadal valorada en 300 euros e composta de produto local, contribuíndo así á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.
As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal e as solicitudes de inscrición serán remitidas ó correo electrónico turismoecomerciodapobra@gmail.com ou chamando ó teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035. Indicarase o nome e o documento de identidade da persoa participante, o enderezo do balcón,
fiestra ou fachada e o número de teléfono. A data límite para se anotar é no 30 de novembro. O prazo para a ornamentación será de 6 días e a decoración deberá permanecer durante o período comprendido entre o día
6 de decembro e 6 de xaneiro -ámbolos dous incluídos-. A temática deberá ter relación directa co Nadal e os elementos para empregar deixaranse á libre elección da veciñanza.

As persoas inscritas deberán remitir polo referido correo electrónico dúas fotografías, acompañadas do seu enderezo. O resultado do certame darase a coñecer no 22 de decembro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.