Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de bus aos horarios dos institutos de Noia para poderen usar a Tarxeta Xente Nova

17 Novembro 2021

Un grupo de familias de Outes e Muros veñen de xuntar forzas para mellorar o transporte público que leva ás súas fillas e fillos aos centros docentes da contorna. En concreto, reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos institutos de secundaria de Noia para poder utilizar a Tarxeta Xente Nova. Segundo explican nun comunicado conxunto, estas liñas de transporte interurbano non se adaptan ás entradas e saídas de ningún dos dous centros de secundaria noieses, o IES Campo de San Alberto e o Virxe do Mar.

E engaden: “Na mellor das opcións o alumnado chegaría ás 7:50h cando o horario lectivo comeza ás 8:40h na saída a situación é similar, cunha variación de unha hora. O que alonga a estadía en Noia para que o servizo poida ser gratuíto. Estes horarios non permiten a aplicación da Tarxeta Xente Nova para o transporte gratuíto para mozos menores de 21 anos”.

Segundo fan saber máis en concreto, “esta situación obriga ás familias a contratar un servizo de liña discrecional que supón un gasto para as familias de 60€ ao mes”. Esta liña só chega á entrada de Esteiro, polo que no resto do concello de Muros non se cubre esta demanda e complícase o desprazamento do alumnado para acudir a FP que se imparte en Noia, engaden as familias, que aseguran “é unha situación que discrimina, xa que o resto de liñas da comarca de Muros e Noia e Barbanza si que están adaptadas aos horarios do instituto, mentres que a liña principal Noia-Muros non”.

A solución, segundo as familias, “pasa por modificar a liña da mañá uns 20 minutos”. Reclaman aos Concellos que interpelen á Xunta de Galicia para valorar estes cambios, ou que habiliten mecanismos que corrixan a discriminación.

Iniciouse unha recollida de sinaturas que pretenden presentar ante as entidades municipais e ante a Xunta de Galicia.

Outros artigos

Un home resultou ferido logo de recibir un couce dun cabalo en Noia

Sucedeu en Noia, nunha finca situada en Argote, en Barro, no concello coruñés de Noia. Un familiar contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Un particular contactou, ao fío das 13:00 horas, co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu pai, que estaba...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...