Chega esta fin de semana a 7ª edición da Ruta de Tapas Barbanza-Arousa

11 Novembro 2021

A ruta comeza esta fin de semana en Rianxo con 9 establecementos adheridos e continuará nas seguintes fins de semana en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira

Esta mañá realizouse no establecemento A Lareira de Rianxo a presentación da sétima edición da ruta de tapas de Barbanza Arousa. Na mesma participaron Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa; Adolfo Muiños, presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo; Patricia Lojo, concelleira de Cultura e Relacións Institucionais da Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, tenente alcalde de Ribeira e Carlos Rodríguez, concelleiro de turismo de Boiro. Tamén estiveron presentes Suso Santamaría, adxudicatario do proxecto e representantes das
3 adegas da IXP Terras do Barbanza e Iria.

Con esta actuación, na que participan máis de 40 establecementos de todo o destino, preténdese dar un pulo importante á gastronomía do territorio e tamén ao viño da Indicación Xeográfica Protexida.

“O grande apoio do sector hostaleiro participando deste tipo de iniciativas fortalece a unión do sector público e o sector privado” resaltou Fátima Cachafeiro.

Este ano iníciase a Ruta de Tapas en Rianxo esta fin de semana e continúa de forma ordenada polos catro concellos: Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Na pasada edición introducíronse como novidades a tapa para levar e tamén a votación telemática no marco da época Covid-19. Estes elementos tiveron moi boa acollida polo que este ano mantéñense.

Adolfo Muiños, presidente da Mancomunidade resaltou a colaboración coa hostalería a través desta Ruta de Tapas e tamén a través da iniciativa “Conserva A Orixe”, que este ano foi a primeira edición. Ambas iniciativas están dirixidas a poñer en valor os produtos gastronómicos do destino, potencial moi grande diferencia e especializa a comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.