Suma Ribeira critica o paso dunha das etapas do Rally Ribeira-Ría de Arousa pola zona perimetral do Complexo dunar de Corrubedo

11 Novembro 2021

Esta formación advirte da afectación que terá a proba na flora e fauna do parque, precisamente durante esta temporada de paso da cola de aves migratorias

Complexo Dunas e lagoas de Carregal

Suma Ribeira amosa a súa preocupación polos danos que pode xerar o paso dunha das etapas do Rally Ribeira-Ría de Arousa pola zona perimetral do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, unha zona protexida polo seu valor paisaxísito e ecolóxico que se verá afectada pola contaminación acústica, gases contaminantes e a alta densidade de persoas que se prevé acudan a ese tramo para seguir a carreira.
Suma Ribeira lembra que xa amosou o seu rexeitamento en Pleno á proposta dunha modificación orzamentaria para dotar a esta proba dunha axuda de 20.000 euros, sorprendéndonos que o Equipo de Goberno apostase por unha actividade que degrada o Medio Ambiente, ademais de non propocionar a información necesaria sobre o retorno económico que vai supor para o concello nin sobre o trazado; temendo que se poidera dar o caso de que, como agora se confirma, tivese un efecto moi negativo na contorna natural do municipio.
O rally, que se celebrará esta fin de semana, en xornadas de sábado e domingo, inclúe unha proba cun tramo que transcorre durante aproximadamente un kilómetro pola zona perimetral do Parque Dunar, dende o lugar de Goda, na parroquia de Artes, ata as inmediacións do edificio do Centro de Interpretación, e de alí desviase cara o parque periurbán de San Roque, subindo bordeando o Monte da Cidade.
Para Suma Ribeira, resulta evidente que o trazado previsto non é o máis idóneo para preservar o que é unha das xoias do patrimonio natural do concello. Consultados expertos ornitólogos comentáronnos que incluso se avistou nestes días un voitre, precisamente durante a temporada de paso da cola de aves migratorias, “polo que dende Suma Ribeira cremos que este percorrido amosa desconsideración pola flora e a fauna do Parque Natural”.

Outros artigos

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...