En Outes “Doole doole” Premio do Público da IV edición de Mares da fin do mundo

01 Novembro 2021

A cuarta edición de MARES DA FIN DO MUNDO | Mostra Internacional de Cinema Documental, organizada polo Concello de Outes, tivo lugar entre o 29 de outubro e o 1 de novembro, continuando coa súa aposta polo xénero documental que explora as temáticas relacionadas co medio ambiente mariño e a pesca sostible.

Clausura do acto

Competición Oficial e Premio do público.
Durante o acto de clausura, Manuel González López, alcalde de Outes, anunciou o filme mellor
valorado polos asistentes á Mostra: Doole doole (2019), do realizador francés Jean-Claude Thierry,
no que recaeu o Premio do Público (trofeo “O Sancosmeiro”). Este documental representa a filosofía
deste evento, poñendo o foco na actualidade dos movementos migratorios en África Occidental. Nos
últimos anos, o Mediterráneo converteuse nunha fronteira de alto risco para os mozos africanos. En
Saint Louis (Senegal), problemas como o avance do mar, a sobrepesca e un proxecto de explotación
petroleira están empurrando aos mozos a marchar. “Doole” significa “forza” en wolof.

Obradoiro de Cinema na Ría de Muros-Noia
Actividade formativa que sempre formou parte integral de MDFDM, co apoio do Concello de Outes e
patrocinada polo GALP Costa Sostible, Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia. Un taller de cinema que
busca fomentar novos públicos, promovendo que o alumnado adquira habilidades e coñecementos
audiovisuais e cinematográficos usando como ferramentas os seus propios dispositivos móbiles,
mediante a elaboración dunha curtametraxe documental na que tamén exploran os oficios do mar e a
sensibilización sobre a sostibilidade e os valores patrimoniais.

“Un mar de tradisións”, curtametraxe do Obradoiro de cinema na Ría de Muros-Noia
A curta supón un traballo interxeracional no que o alumnado outense do obradoiro entrevista a
expertas e mulleres das súas familias que foron mariscadoras. Para moitos, esta foi a súa primera
experiencia no mundo audiovisual, e nalgún caso tamén a primeira vez que se achegaban ao mundo
do marisqueo, pese a ser un sector de moita importancia na contorna.
Aínda que no sector audiovisual as tarefas adoitan estar divididas en departamentos, neste caso
o traballo foi realizado de forma totalmente colectiva. Todo o alumnado do obradoiro colaborou no
guión e na produción, e todos filmaron e gravaron audio.
O resultado é un achegamento emocional a un sector importante e a unha actividade coa que
case todas as familias da zona están relcionadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.