A Deputación impulsará a sinalización e a mellora da seguridade no Monte Pindo

28 Outubro 2021

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, acordou esta semana cos Concellos de Mazaricos, Dumbría e Carnota poñer en marcha un proxecto de sinalización e mellora de seguridade no Monte Pindo e propoñer este espazo para a certificación como destino de turismo científico Observer.

Este acordo foi tomado nun encontro no que participaron, ademais de Xosé Regueira, o alcalde e a técnica de Turismo de Carnota, Juan Manuel Saborido e María Lago, e o deputado provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño.

O obxectivo fundamental do proxecto é “a sinalización e mellora da seguridade do Monte Pindo coa finalidade de evitar situacións de visitantes que se extravían nesa contorna, mais tamén a mellora da calidade turística do espazo”. En palabras de Regueira, “cómpre ter en conta que este cumio é un recurso de primeira orde tanto da provincia como de toda Galiza, cunha compoñente xeolóxica moi potente e cunha tradición oral e unha mitoloxía riquísimas, que é preciso ordenar e poñer en valor como un produto turístico de cara a configurar paquetes e comercializalos no mercado”.

Xosé Regueira explicou que o proxecto inicial presentado polos tres Concellos está “tecnicamente moi ben desañado”, recollendo a localización dos servizos e mesmo incluíndo propostas de contidos para a web e indicacións con innovacións para a mellora dos percorridos. Neste sentido, o vicepresidente indicou que “tras este traballo inicial estudarase a posibilidade de introducir parámetros que incrementen a calidade da experiencia de destino, a seguridade do visitante, e que permitan xerar ingresos destinados a protexer e ordenar o acceso a este espazo natural”.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.