A Xunta adianta por sorpresa a fin do estado de emerxencia sanitaria polo coronavirus

22 Outubro 2021


O Goberno galego dixera que o cambio entraría en vigor na madrugada do venres ao sábado, como todos os cambios nas restricións ata a data.

Con todo, un DOG (Diario Oficial de Galicia) excepcional de onte a última hora da tarde recolle outra norma sen que a Xunta, por agora, explicase os motivos do adianto.

En todo caso, as modificacións son as xa coñecidas, sendo a hostalería a principal beneficiada tanto en máis horarios como en máis aforos. Hai outras novidades, como a fin das máscaras no deporte federado, salvo para os nenos.

Nunca é Tarde interpreta la ‘Foliada Mariñeira’ en Cabo de Cruz

Unha edición bis do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicada con data do 21 de outubro a última hora deste xoves. O documento estipula “a finalización da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia declarada polo Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus Covid-19, a solicitude da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza”.

Na resolución publicada no DOG a última hora do xoves, sinálase que “este acordo fornecerá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia”.

A Xunta concreta que a finalización da declaración de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia “entenderase sen prexuízo da adopción polas autoridades competentes das medidas que sexan necesarias para a contención e control da pandemia derivada da Covid-19”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.