O equipo Basket Pobra consolidar o baloncesto no municipio

13 Outubro 2021

Na xornada deste 13 de outubro tivo lugar a presentación do equipo Basket Pobra, que xurde de integrantes do antigo Club Asambal que agora pasa a denominarse Basket Pobra Asambal. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé
Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); e Francisco Martís e Eloy Sobrido, presidente e vicepresidente do Basket Pobra Asambal.
A edil Genoveva Hermo trasladou o apoio e parabéns do Concello ao novo equipo por “contribuír a que o baloncesto estea representado no noso concello e vemos que empezan con moito pulo.”
Pola súa parte, Francisco Martís e Eloy Sobrido, en representación do Basket Pobra Asambal, manifestaron que este proxecto xurdiu durante a pandemia por parte de cinco persoas vinculadas ao mundo do baloncesto que decidiron trasladar a súa experiencia á Pobra e retomar o equipo coa estrutura do antigo Club Asambal para fundar este novo “inxectándolle un pouco de vitalidade, de sabia nova e de ganas.” Agora nos próximos tres anos agardan asentar este proxecto para, a partir de aí, facer unha base coas escolas deportivas e asenta-lo equipo sénior na terceira división.
Preténdese así “aportar unha estrutura de baloncesto consolidada” e extrapolar a súa ilusión á veciñanza, polo que animaron a participar nas escolas deportivas. Tamén expresaron o seu agradecemento ao Concello, colaboradores e empresas patrocinadoras pola axuda prestada.
Finalmente, o rexedor, Xosé Lois Piñeiro, sinalou a tradición deste deporte na Pobra e puxo en valor este tipo de iniciativas, declarando que “os clubs deportivos, a maioría funciona con este tipo de persoas: xente que está
disposta a poñer moito do seu tempo libre, a esforzarse e esa ilusión fai que funcione.” Así mesmo, trasladou o compromiso da Administración local con este proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.