En Noia e Boiro Valentín Gonzalez Formoso reivindica un PSdeG “forte, que non renuncie a gobernar en Galicia”

09 Outubro 2021
Boiro

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso mantivo un encontro esta mañá coa militancia de Boiro, Noia, Ames e Oroso onde reivindicou un PSdeG “forte e unido, que non renuncie a gobernar en Galicia”. Neste sentido, Formoso replicou a Gonzalo Caballero que “o noso obxectivo non é gañarlle ao BNG, é gañarlle ao PP e despois cambiar Galicia” e engadiu que “precisamos á fronte do PSdeG a un Secretario Xeral que non renuncie a gobernar no país”.
“Os compañeiros e compañeiras comparten que o PSdeG ten que ser unha forza que ilusione á militancia, que estea ao carón da xente e, como fixo noutros tempos, volva a ter criterio sobre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, facendo un socialismo útil para a sociedade porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar”, afirmou.
González Formoso cre que “a cidadanía sabe observar perfectamente a aqueles que estamos nas institucións por cambiar a vida das persoas porque non son as palabras as que hai ter en conta, senón os feitos cos que xestionamos as administracións nas que gobernamos, onde a protección social dos máis desfavorecidos, a reactivación económica e a social, o fomento da cultura, da lingua e da igualdade son os piares fundamentais”.

Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.