Detida unha muller da Pobra por furtar xoias de ouro valoradas en 5.000 euros

25 Setembro 2021

A Garda Civil detivo a unha muller da Pobra do Caramiñal , que xa contaba con antecedentes, como presunto autora dun furto de xoias de ouro valoradas nun total de 5.000 euros.

A investigación iniciouse por mor dunha renuncia interposta pola vítima o pasado día 10. Nela, comunicaba que alguén lle subtraeu varias xoias de ouro que tiña gardadas nuns caixóns secretos da mesa do salón da súa vivenda.
No transcurso das pescudas, os efectivos da Garda Civil lograron identificar á suposta autora dos feitos despois de coñecer que as pezas roubadas foran vendidas nunha tenda de compravenda de metais preciosos en Boiro.

A Benemérita só conseguiu recuperar algunhas das xoias vendidas nos últimos días, xa que as primeiras xa foran enviadas para a súa fundición. Finalmente, a Garda Civil detivo a unha veciña da Pobra do Caramiñal sobre a que xa figuraban antecedentes por feitos similares. A muller foi posta ao dispor do xulgado de garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.