Comezan na Pobra as actividades do ciclo formativo da USC para persoas maiores de 50 anos

23 Setembro 2021

O Concello da Pobra informou do inicio da cuarta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia, ciclo para persoas maiores de de 50 anos impulsado pola Universidade de Santiago en colaboración coa Concellería de Cultura que dirixe Patricia Lojo (PSOE). Un total de 28 veciñas e veciños participan dende a tarde do 22 de setembro nas actividades de formación do programa.

O primeiro dos coloquios desenvolveuse na tarde deste 22 de setembro da man de Pedro Pablo Campo Díaz, que introduciu ás persoas participantes nos segredos do sistema solar e da Vía Láctea. Regresará no día 24 con José Ramón González Vidal para unha observación astronómica nocturna.

José Manuel Vázquez Lijó impartirá neste día 23 o seminario Revisando a historia dende unha perspectiva local: o patrimonio industrial e as memorias da experiencia laboral no estudo da modernización das vilas costeiras de Galicia nos séculos XIX e XX, que se complementará no día 30 cunha visita ao Museo ANFACO da Conserva, en Vigo.

E no día 27 será a quenda de Laura Touriñán Morandeira con Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega que terá continuidade na xornada seguinte.

Os temas a abordar constan dunha sesión práctica e outra teórica, transcorrendo esta última no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.