En Ribeira cinco ofertas para a recuperación ambiental do Río Pedrín e a creación dunha senda turístico-fluvial

07 Setembro 2021

Rematou o período de presentación de ofertas para efectuar unha intervención destinada á recuperación ambiental do río Pedrín e a súa posta en valor a través da creación dunha senda turístico-fluvial ao longo do mesmo. En total presentaronse cinco.
Esta actuación enmárcase na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’, que está cofinanciada polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Execútase na liña de actuación 14 da EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica denominada “Posta en valor do patrimonio cultural, natural e turístico”.
Aínda que de escasa entidade en termos de caudal, o arroio Pedrín é importante pola súa localización á beira do centro urbano de Ribeira. O seu percorrido comeza no Monte Castro e descorre cara o Parque Periurbano de San Roque, no que se sitúa un antigo lavadoiro que é, actualmente, un refuxio para varias especies de anfibios. Desde ese lugar o curso de auga descende ata o centro urbano de Ribeira, por onde vai xa canalizado e soterrado.
O Concello de Ribeira, a través do proxecto “Máis Riveira Atlántica 2020”, pretende recuperar a riqueza natural e cultural da conca alta do arroio a través dun proxecto que inclúe non só a recuperación propia do curso fluvial (limpeza do leito e da ribeira), senón tamén a proxección dun percorrido a través da servidume de tránsito do arroio.
O obxectivo principal desta actuación será a recuperación da riqueza ambiental da contorna e do propio leito do arroio Pedrín. Para iso vanse efectuar unha serie de actuacións:

  • Roza de vexetación accesoria, retirada de vexetación morta (incluídas, de ser caso, as árbores caídas), e eliminación de
    vexetación exótica e/ou invasora, na zona de dominio público hidráulico e de servidume do arroio Pedrín.
  • Detección de puntos de contaminación que poidan afectar o arroio e, de ser caso, medidas para a súa corrección.
  • Restauración da vexetación de ribeira autóctona en todo o tramo do río obxecto do proxecto.
  • Análise do réxime hidráulico e hidrolóxico do río Pedrín e das zonas inundables.

Para contribuír á posta en valor do arroio , da súa riqueza natural e cultural, o proxecto inclúe os movementos de terra (desmontes e terrapléns), a súa nivelación e compactación e a colocación ao tresbolillo de tocos de madeira cada 9 m para marcar o itinerario, na marxe esquerda do arroio Pedrín. Será un itinerario turístico fluvial que ten en conta a disposición topográfica do terreo en cada parte do curso do río coa fin de adaptar as características da senda
aos seus atributos naturais.
Dous ramais
O itinerario descorre ao longo do río cunha lonxitude de 685 metros. Complétase a senda, cun acceso cara o núcleo de Frións (acceso sur) a través dunha parcela de titularidade municipal, localizada na paraxe de Granxa, cuxo
ramal terá unha lonxitude de aproximadamente 200 metros e con outro ramal (acceso norte), duns 135 metros, que conecte coa parte baixa do Parque Periurbano de San Roque.
O presuposto base para realizar o proxecto será de 109.798,28 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de seis meses.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.