Cancelado o IV Gran Premio de Triatlón da Pobra do Caramiñal

18 Agosto 2021

Nunha reunión mantida no venres 13 entre o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira dos
Deportes, Genoveva Hermo; e o presidente de Artrogal Tri498, José Riveiro; acordouse suspender o IV Gran Premio de Triatlón da Pobra do Caramiñal que estaba previsto que se celebrase no municipio no 12 de setembro. Unha
decisión que se toma, principalmente, debido a que non se pode garantir o cumprimento do protocolo fronte á COVID-19 debido á natureza desta proba deportiva, ademais de que non se podía asegurar o mantemento do nivel de
anteriores edicións.
Dende a entidade organizadora e o Concello lamentan os inconvenientes que esta cancelación poida ocasionar e agardan que poida ter lugar no próximo ano.

Foto de arquivo de anteriores edic. Cedida por Artrogal Tri498

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.