Na Pobra unha muller foi trasladada logo de derrubarse unha casa

15 Agosto 2021

Unha muller de idade avanzada tivo que ser trasladada a un centro hospitalario a pasada noite logo de que a súa vivenda se derrubase.

Os feitos sucederon na Pobra do Caramiñal,  concretamente na rúa Mirandela, uns minutos antes das dez.

Foi, a esa hora, cando a Policía Local contactou co 112 Galicia para alertar do derrubamento e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira, de Protección Civil, da Garda Civil e dos Bombeiros de Boiro.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o teito da vivenda situado debaixo do tellado colapsou e caeu sobre o baixo da casa, onde se atopaba a muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.