Novo recoñecemento ao arquitecto Manuel Gallego Jorreto

13 Agosto 2021

O arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto, cuxa destacada carreira irá para sempre ligada á parroquia de Corrubedo (onde deu un impulso definitivo ao seu recoñecemento nacional e internacional coa construción da casa unifamiliar con vistas á praia da Ladeira e a badía do Vilar e Couso), recibiu este 13 de agosto en Cambados un novo recoñecemento ás súas importantes contribucións artísticas, construtivas e urbanísticas.

Veu da man da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea no transcurso da sexta edición das súas xornadas. A figura de Gallego Jorreto foi enxalzada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen o cualificou de “referencia indiscutíbel” e salientou “que a paisaxe urbana da Galicia actual lle debe moito a profesionais coma el”.

“Gallego Jorreto é todo un exemplo a seguir”, dixo o presidente, incidindo na coherencia das súas propostas, na súa entrega profesional, na súa natureza reflexiva, na súa preocupación polo papel social da arquitectura ou pola vontade de adaptación ás necesidades das persoas ou institucións ás que vai dirixida a súa obra.

O arquitecto homenaxeado

Manuel Gallego Jorreto, natural do Carballiño, comezou a súa máis que destacada carreira en Corrubedo (Ribeira), a cabalo entre o ano 1969 e o 1970. A súa contribución ao modelo de casa unifamiliar, inserida nos terreos lindeiros á praia da Ladeira (no outeiro que permite a visión das dunas, do Vilar e do Atlántico), foi destacada por múltiples especialistas en arquitectura como un exemplo perfecto de harmonía arquitectónica co medio natural. Segundo fixo saber nunha entrevista recente o propio homenaxeado, “a nosa casa de Corrubedo estaba nun sitio marabilloso e é, sen dúbida, o máis rotundo dos meus edificios, é case unha ferramenta, un periscopio que ergue a cabeza para mirar, que varre o vento por detrás”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.