A Pobra impulsa unha nova ruta náutica que nos leva ás bateas e ás illas de Rúa e Areoso

12 Agosto 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría do Turismo, vén de ampliar o seu programa de actividades náuticas para este verán, xa de por si amplo e completo. A máis recente iniciativa en incorporase ao programa é unha ruta náutica que nos permite achegarnos até as bateas e as illas de Rúa e Areoso, no medio da ría de Arousa. Chegarase a estes destinos en lancha. Así o anunciaron a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ángeles Tubío; e Jesús A. Places, en representación da empresa Oceanic Arousa Tours.

As saídas efectuaranse ás 11.00 horas dos días 19 e 26 de agosto, así como no 2 de setembro, dende a contorna do Náutico. As viaxes guiadas teñen unha duración de 3 horas, aproximadamente, durante as cales as persoas participantes terán ocasión de coñecer o cultivo do mexillón, achegarse ata a granítica illa da Rúa e desfrutar no Areoso da súa area branca e augas cristalinas.

A edil puxo de manifesto “a importancia dos servizos turísticos á hora de ofrecer novas experiencias a visitantes e residentes, ao tempo que se apoia ás empresas da contorna que se dedican a ofrecer estas actividades”. Doutra banda, Jesús A. Places explicou que as rutas teñen un aspecto didáctico e outro lúdico.

O prezo estipúlase en 25 euros para as persoas adultas e 15 euros para nenos e nenas menores de 12 anos. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Os grupos son reducidos, dun máximo de 12 persoas, polo que a información e reservas efectuarase a través da oficina do Turismo, dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou do enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...