Este mes de agosto aínda é posíbel reservar viaxes na Pobra a bordo do Mascato

11 Agosto 2021

O Concello da Pobra informou de que este mes de agosto aínda é posíbel desfrutar das viaxes en veleiro pola ría da Arousa a bordo do Mascato, singraduras impulsadas pola Concellaría do Turismo da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Achéganse “como unha alternativa para coñecer o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro”.

As excursións iniciáronse no mes de xullo e rematarán no penúltimo domingo de agosto, polo que as persoas interesadas en sumarse a esta actividade dispoñen de dúas fins de semana para facelo, concretamente, nos días 13, 14, 15, 20, 21 e 22.

A duración do traxecto é de hora e media e as saídas establécense en quendas de mañá e de tarde. O prezo estipúlase en 15 euros para as persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas menores de 12 anos, ofrecendo un desconto para as familias. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

A cabida máxima do veleiro é de 10 persoas, razón pola cal é preciso formalizar a reserva e compra previa do tícket no punto de información turística (situado na Casa Mariñeira), no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835. Tamén está a disposición das persoas interesadas a páxina web de Turismo da Pobra para máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...