O equipo de drons da AXEGA colabora coa Policía Nacional no operativo de busca dunha septuaxenaria desaparecida en Santiago

08 Agosto 2021

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) está a participar no operativo  activado pola Policía Nacional para a busca dunha septuaxenaria desaparecida en Santiago.

Trátase de María Chico Prieto de 76 anos de idade é veciña da parroquia compostelana de Enfesta e padece alzhéimer.

Segundo a información recollida polo 112 Galicia, a muller ten algún problema de saúde e falta da casa, localizada na parroquia da Enfesta –no concello de Santiago de Compostela-, desde a noite de onte.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da desaparición pouco antes das dez horas da mañá de hoxe, a través da Policía Nacional. Solicitábase a incorporación de efectivos de emerxencia na operación de busca e, particularmente, da Unidade de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da AXEGA, que conta con vehículos aéreos non tripulados para rastrexar a zona e, así, facilitar as labores de procura de persoas desaparecidas.

Ademais, o operativo tamén conta coa colaboración da Garda Civil, do Grupo de Cans de Rescate de Protección Civil de Padrón e dos efectivos de Protección Civil de Santiago.

Arestora, os servizos de emerxencia permanecen na procura da muller desaparecida.

Unidade de dorns de AXEGA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.