A confraría de Rianxo contabiliza grandes perdas económicas no que vai de verán

06 Setembro 2019

20190906. O furtivismo é un problema que afecta a toda a costa de Galicia, e os municipios de Arousa Norte non son unha excepción. No caso de Rianxo, o patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, puxo este asunto sobre a mesa na Xunta Local de Seguridade celebrada no Concello o pasado martes, 3 de setembro. Miguel Ángel Iglesias agradeceu o labor que están desenvolvendo a Policía Local e a Garda Civil, “incluso con vixilancias eles de por si.” Así mesmo, trasladou a necesidade de intensificar o control do marisqueo ilegal “porque estamos desbordados a día de hoxe.”

O patrón maior indica que o furtivismo ocasiona grandes perdas pois “nós contamos con douscentos quilos mínimo, que che rouban máis, a unha media de cinco euros, xa son mil euros en cada marea.” Ademais, precisa que abunda a extracción de “ameixa xapónica, fina, babosa… O problema é que collen tanto a que da a talla coma a que non da”, repercutindo no futuro porque impiden que medren os exemplares pequenos.

No que respecta ao coñecido como ‘furtivismo de bañador’, sinala que “non notamos moitas persoas nos areais facendo iso”, pero aínda así “hai xente e ao cabo do verán son moitos quilos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.