Continúan as funcións do certame de narración oral Atlántica na Pobra do Caramiñal

06 Xullo 2021

Proseguen as actividades do Festival Atlántica de narración oral na comarca. Esta semana chegan á Pobra de Caramiñal dúas funcións dirixidas ao público adulto. Contarán co apoio da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

O 9 de xullo, José Luis Gutiérrez ‘Guti’ achegará Lobadías, será na Portela, na serra do Barbanza, a partir das 21.30 horas. Mentres, o 10 de xullo será a quenda de Cándido Pazó con Como dicía o outro. Dita función será ás 21:00 horas no Castro da Croa de Posmarcos.

En xeral, as reservas son de balde e débense formalizar a través da páxina web www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.