O Museo Valle-Inclán da Pobra retoma o servizo de visitas comentadas

02 Xullo 2021

Un grupo de 10 persoas formado por alumnas e pola mestra do curso de lingua de signos impartido pola academia
Aprende. Centro de Estudios da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), coñeceu a finais deste mes de xuño o patrimonio cultural que atesouran as salas do Museo
Valle-Inclán a través dunha visita comentada da man do seu director, Antonio González Millán. Retómase así este servizo logo dunha interrupción das visitas de grupos concertados como consecuencia da situación derivada da COVID-19.
Os colectivos interesados neste alternativa para descubri-lo Museo e os seus fondos deben efectua-la súa reserva previa a través do teléfono de contacto 981831662 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.