Portos de Galicia outorga autorizacións para a presatción de servizos de pasaxe este verán

27 Xuño 2021

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de outorgar un total de 38 autorizacións para a prestación de servizos de transporte de pasaxeiros de cara a esta tempada estival. Trátase de servizos discrecionais de carácter turístico que potencian a actividade de pasaxe fundamentalmente nas rías galegas.
A provincia con maior presenza desta actividade será a de Pontevedra, para a que se emitiron 31 das 38 autorizacións. Na provincia de Lugo atendéronse catro solicitudes e na da Coruña, tres. En concreto, por áreas xeográficas, a ría de Arousa conta con 12 autorizacións, a de Pontevedra con 11, a de Vigo con oito, a Mariña lucense con catro, A
Costa da Morte con dúas e a costa ártabra con un permiso.
Por concellos, outorgáronse seis liñas para Portonovo (Sanxenxo), catro tanto no porto de Tragove (Cambados) como en Cangas e tres nos peiraos de Baiona, Bueu, Ribadeo e Vilanova de Arousa. Con dúas autorizacións están A Pobra do Caramiñal, Ribeira e o porto das Corbaceiras, en Pontevedra, en con unha os peiraos do Cabodeiro, na Illa de Arousa, Corcubión, Fisterra, Moaña, Mugardos e Viveiro.
O tráfico de pasaxeiros é unha das actividades fundamentais dos portos galegos xunto coa pesca, o marisqueo, o tráfico de mercadorías e a náutica de recreo. O pasado ano no conxunto dos peiraos autonómicos contabilizáronse 1,6 millóns de pasaxeiros dos que un millón corresponderon á liña de transporte regular entre Vigo e Cangas e 500.000 ás liñas de carácter estacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.