Comezaron en Outes as actividades do Campamento de Verán 2021

24 Xuño 2021

Este mércores 23 de xuño comezaron finalmente as actividades do Campamento de Verán 2021 do Outes Concilia, destinado a ofrecer alternativas saudábeis, lúdicas e de aprendizaxe á rapazada local durante esta tempada estival.

As actividades teñen o centro de operacións no CEIP Plurilingüe de Outes, aínda que o groso das accións está previsto que se desenvolvan ao aire libre, desfrutando da natureza. O campamento está dirixido as familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 16 anos.

A iniciativa, impulsada pola Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Raquel García, enmárcase na aposta do Concello pola conciliación e abranguerá desde o 23 de xuño ao 7 de setembro. “Está pensado ademais como unha actividade que combina actividades de aprendizaxe activo e lecer, prioritariamente ao aire libre”, sinalaba a edil na presentación do Campamento de Verán 2021, engadindo que a maiores “están previstas excursións e visitas polo concello” e, de feito prevese repetir a saída que o ano pasado fixeron os rapaces no barco Joaquín Vieta pola ría do Freixo.

Estas son as quendas previstas:

-1ª quenda: do 23 de xuño ao 2 de xullo

-2ª quenda: do 5 de xullo ao 16 de xullo

-3ª quenda: do 19 de xullo ao 30 de xullo

-4ª quenda: do 2 de agosto ao 13 agosto

-5ª quenda: do 16 de agosto ao 27 de agosto

-6ª quenda: do 30 de agosto ao 7 de setembro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.