A Pobra colaborará coa Asociación Galega de Familias de Acollida para fomentar o acollemento

21 Xuño 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal establecerá un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida para fomentar a cultura de acollemento. Así, o día 29 de xuño, terá lugar a charla Contigo Florece, que se enmarcará nun conxunto de propostas cos obxectivos de actividades e programas de atención, formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e, concretamente, das familias de acollida.

Desta forma, a presidenta de ACOUGO, Rebeca Pereira, explicou que “o obxectivo é achegar á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e, a partir de aí, tratar coas familias acolledoras ou potencialmente acolledoras para ofrece-la preparación, a orientación, o acompañamento e o apoio para dotalas de competencias no manexo das dificultades e necesidades específicas das e dos menores acollidos”.

En definitiva, a charla realizarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán, a partir das 20.00 horas. Cabe mencionar que se cumprirán, en todo momento, as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto 981832764 ou no enderezo electrónico servizos.sociais@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.