Na Pobra posto informativo sobre a compostaxe doméstica nos xardíns Valle-Inclán

07 Xuño 2021

Coa finalidade de informar á veciñanza sobre a compostaxe doméstica, na xornada do 12 de xuño establecerase un posto informativo nos xardíns Valle-Inclán, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Ofrecerase así información e resolveranse dúbidas, ademais de contar con solicitudes para quen desexe sumarse ao proxecto de compostaxe no termo municipal impulsado dende a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).
Doutra banda, no 11 de xuño farase a entrega dos composteiros domésticos e material divulgativo ás persoas seleccionadas nesta segunda campaña. Dun total de 60 colectores, aínda quedan dispoñibles 13 unidades para quen desexe participar.
Dáselle así continuidade ao proxecto iniciado no pasado ano para fomentar a separación en orixe e xestión in situ de parte dos residuos xerados nos domicilios.
Estas accións encádranse nas actividades desenvolvidas pola Administración local arredor do Día Mundial do Medio Ambiente, no 5 de xuño. Así mesmo, atópanse ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.