A Pobra foi escenario dun acto reivindicativo de apoio á hostalería e outros sectores económicos da vila

03 Xuño 2021
Pleno A Pobra

Na mañá deste 3 de xuño tivo lugar unha sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación no salón de plenos
da casa consistorial, na cal non puideron estar presentes dous concelleiros do PP. Primeiramente procedeuse coa aprobación da urxencia da sesión, a cal saíu adiante con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 3 en contra
(PP). De seguido, abordouse a “proposta da alcaldía sobre medidas de restrición aplicadas ao noso concello e a necesidade de apoio aos sectores afectados polo cese de actividade.” A este respecto, o PP presentou unha emenda que foi denegada ao contar con 3 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Finalmente, a proposta, tal e como estaba presentada, foi aprobada por unanimidade.


Así mesmo, ás 12.00 horas comezou un acto reivindicativo de apoio á hostalería e outros sectores económicos da vila. Deste xeito, procedeuse cunha concentración ao longo da AC-305, ao seu paso dende a rotonda da estación de
autobuses ata o cruzamento coa rúa Venecia. Como acción simbólica de apoio á hostalería propúxose consumir “un café” e desprazarse dende o establecemento ata o tramo de rúa máis próximo, ocupando a calzada da referida estrada.
Tamén se comezou cunha recollida de sinaturas que se estenderá ao longo do día coa finalidade de darlle traslado ao Comité Clínico, xunto cun texto reivindicativo sobre a situación actual do sector da hostalaría e outros negocios
afectados polo peche obrigatorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.