Unha oportunidade para coñecer aos morcegos

27 Agosto 2019

20190827. A Pobra do Caramiñal organiza para o xoves 29 unha achega aos morcegos. A cita arrancará, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán cunha introdución ao mundo destes mamíferos voadores para, ás 21.30 horas, proceder ao paseo nocturno pola contorna, cunha duración aproximada de 2 horas, co obxectivo de escoitalos. Para a realización desta última actividade recoméndase levar lanterna e roupa de abrigo.

Pódese solicitar máis información mediante o enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal.

Organiza Morcegos de Galicia, Drosera, Axena, Concello da Pobra do Caramiñal e Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.