Stop Deshaucios Barbanza alerta de dúas novas familias en risco de ficar sen vivenda en Noia e Cambados

21 Maio 2021

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza que coordina José Manuel Pena vén de poñernos ao tanto de dous novos casos de familias da nosa contorna en perigo de quedar na rúa. Trátase en primeiro lugar dunha familia en situación de vulnerabilidade de Cambados, que está a solicitar ao Banco Sabadell a posibilidade de seguir na súa vivenda habitual. O fogar en cuestión está constituído por un matrimonio de avanzada idade, con escasos recursos. A plataforma interveu negociando o establecemento da renda mensual axeitada e xusta así como a propia duración do arrendamento.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Por outra banda, unha familia de Noia recibiu unha cédula de emprazamento do Xulgado número 1 a localidade polo cal se insta un desafiuzamento por orde do grupo inmobiliario Global Pantelaria S.A. A familia solicitou a asistencia xurídica gratuíta para oporse á reclamación xudicial e poder seguir na vivenda. Desde a plataforma Stop Deshaucios Barbanza preténdese instar o grupo inmobiliario, actual propietario do inmóbel que antes estaba en poder dunha entidade financeira, a suspensión do procedemento e o poder negociar unha moratoria ou un aluguer social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...