Suso de Toro presenta Un señor elegante en Rianxo, o vindeiro 21 de maio

12 Maio 2021
Suso de Toro nunha imaxe de Mónica Patxot

O escritor compostelán Suso de Toro, un dos grandes das nosas letras, estará o vindeiro 21 de maio en Rianxo para presentar o seu novo libro, Un señor elegante (Editorial Xerais). Xunto co autor, participarán no acto Xosé Luís Axeitos Agrelo (profesor e académico da RAG) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). A apertura e o peche musical do acto, previsto para as 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio, correrá a cargo de Iago Hermo. Segundo informou o Concello, esta presentación forma parte do programa dos Actos Castelao 2021 pero tivo que ser adiada por mor da situación sanitaria.

Un señor elegante é unha novela de non ficción na que o autor achega o perfil dunha respectada familia de cirurxiáns con orixe en Padrón e asentada en Rianxo e en Compostela, unha familia de ideoloxía republicana e vencellada ao galeguismo desde o século XIX. A través dese retrato familiar, Suso de Toro vai enfiando a historia de Galicia e de España durante o século XX: o golpe do 36, a Guerra Civil, o exilio, a represión e a loita clandestina. O protagonista é Ramón Baltar, cirurxián distinguido polo réxime franquista e axente clandestino a través da Unión de Intelectuais vencellada ao Partido Comunista.

Entrada de balde

A entrada de balde. Só con reserva previa de localidades entre os días 12 e 20 de maio, a través de formulario na web do Concello (preferente), ou no telf 981 100 688. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...