Localizados con vida os tripulantes de A Pobra que buscaba Salvamento Marítimo

08 Maio 2021

sábado 7,40 Pm. Localizados con vida os tres tripulantes aos que buscaba Salvamento Marítimo. Un buque de Aduanas viaxa ao seu carón rumbo a terra.

Tal como informamos en O Barbanza Salvamento Marítimo activou este sábado unha procura por terra, mar e aire de tres mariñeiros que o venres saíron a pescar nunha planeadora desde Corcubión pero que aínda non volveran a casa.

Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, foi un familiar quen chamaba sobre as 15,00 horas da tarde para dar a voz de alarma, tras o cal activouse un dispositivo ante a “falta de noticias” destas tres persoas.

No operativo por mar participaron a salvamar ‘ Régulus’, mentres que por aire peitean a zona o helicóptero ‘ Helimer 401’ e o avión ‘Sasemar 101’. Por terra, traballan a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil.

Roteiro realizado polo avión de Salvamento Marítimo en busca dos mariñeiros

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.