Reciben os seus agasallos as persoas gañadoras da actividade virtual organizada na Pobra polo Día do Libro

07 Maio 2021

No mediodía deste 7 de maio efectuouse a entrega de agasallos ás persoas agraciadas no sorteo da iniciativa virtual #APobraLe impulsada polo Día Mundial do Libro, no 23 de abril.

Antonio Manuel Vidal Sánchez, Miriam Brión Insua e Laura Bautista Outeiral recibiron o presente consistente nuns libros da man da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e do bibliotecario municipal, José Carlos Vidal. Non puido estar presente Nuria Noal Piñeiro, á cal se lle fará a entrega nos vindeiros días.

A dita actividade foi organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e configurouse a través do Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que atravesaba o municipio por aquelas datas.

Outros artigos

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

A compañía aAntena leva a Noia (este sábado) a obra “Sol Fuerza”

O Coliseo Noela de Noia acolle este sábado 3 de outubro a representación de Sol Fuerza, da compañía galega aAntena e protagonizada por Lucía Veiga. Será ás 20.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dun espectáculo para público adulto que mestura...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.