Roo e a súa contorna mostraron os seus tesouros a dúas ducias de camiñantes

04 Maio 2021

Esta fin de semana (o domingo) levouse a cabo a primeira das andainas de Outes convocadas esta tempada polo Concello para dar a coñecer á veciñanza e aos visitantes o rico patrimonio local. A ruta deste domingo (Historia e espiritualidade en Roo) foi un éxito de participación (de feito as prazas dispoñíbeis, limitadas por mor da crise sanitaria, esgotáronse ao pouco de ser convocado o itinerario).

A ruta, que tivo o punto de partida ás 10.00 dende a Igrexa de Roo (con seis quilómetros de percorrido), formou parte da iniciativa Camiñando o noso patrimonio, que sae de partida con tres percordidos abertos á participación de residentes e visitantes.

A segunda proposta, Camiñando cara a orixe do concello de Outes, será o 16 de maio, con saída da Eira do Carme (Brión de Arriba) ás 9.00 horas. Serán 9 quilómetros de camiñada, con dificultade moderada.

A terceira andaina, A Torre dos Muros e Fervenzas de San Paio, está programada para o 30 de maio. Será ás 10.00 horas, con saída na Igrexa de San Lourenzo. A distancia a percorrer é de 6,3 quilómetros (dificultade moderada).

As prazas por quedada serán limitadas: 25 por cada ruta.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...