A Deputación da Coruña activa o plan en axudas directas á hostalaría e ás axencias de viaxes

03 Maio 2021

A Deputación da Coruña activa o plan en axudas directas á hostalaría e ás axencias de viaxes. En total, 9 millóns de euros para os dous sectores máis afectados pola pandemia, que se suman aos 12,5 millóns que o programa PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación en colaboración con concellos coruñeses, destinou a máis de 5.000 autónomos e microempresas de diferentes sectores. A entidade provincial reserva outros 3 millóns de euros nos seus orzamentos para apoiar programas similares de apoio a estes sectores turísticos impulsados polas grandes cidades.

Valentín González Formoso, presidente da Deputación, afirmou que “este novo plan de axudas conta cun orzamento de 9 millóns de euros para manter a actividade económica e o emprego en sectores fundamentais na economía da provincia e de Galicia”. Ademais, confirmou que “segundo os datos da Conferederación Empresarial de Hostelería de España, o sector da hostalería perdeu no último ano máis de 300.000 empregos, mentres que as axencias de viaxe diminuíron tamén os seus ingresos nun 90%”.

As axudas están dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia, autónomos ou microempresas, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 en calquera dos epígrafes relativos a bares e restaurantes, hospedaxe, axencias de viaxe e salas de festa e discotecas. Doutra banda, ditas entidades e persoas solicitantes deberán ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes e non ter sido beneficiarias das axudas do primeiro programa PEL-REACTIVA.

As subvencións deste novo programa contarán cunha contía fixa de 1.500 euros por beneficiario/a e concederanse por orde de entrada. Con todo, a presentación de solicitudes será telemática a través da plataforma SUBTeL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.