13 ofertas para executar as obras de mellora de firme en 3 estradas das comarcas de Barbanza, Santiago e Arzúa

22 Abril 2021

A  Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, recibiu un total de 13 ofertas para executar as obras de mellora de firme en 3 estradas autonómicas nas comarcas de Barbanza, Santiago, e Arzúa, que suporán un investimento autonómico de máis de 1 millón de euros.

As actuacións consistirán no acondicionamento da capa de rodadura nos treitos máis deteriorados da estrada AC-453, de Roxos a Portomouro; da AC-960, desde A Susana ao límite con Vila de Cruces; e da AC-305, entre Padrón e Ribeira.

Estas obras levaranse a cabo nos distintos tramos da citadas vías autonómicas, ao seu paso polos concellos de Santiago, Ames, Val do Dubra, Boqueixón, Touro e Boiro.
Os traballos nas zonas máis deterioradas centraranse no fresado e na reposición do firme, traballando en anchos variables dependendo da posición e extensión das deficiencias. Nas zonas co firme fisurado pero sen deformación, a rehabilitación consistirá na extensión dunha capa de rodadura en todo o ancho do carril.

A intervención da Xunta completarase coa reposición da sinalización horizontal e do balizamento, ademais do repintado nas zonas nas que se realice o fresado e a mellora do firme.

A Xunta continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos cidadáns.


 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.