Ecoplas aposta de cheo pola economía circular no packaging alimentario

08 Abril 2021

Ecoplas Barbanza, empresa da Pobra centrada (dende 2006) na fabricación de produtos avanzados para o envasado de marisco e produtos hortofrutícolas, vén de compartir os seus últimos e relevantes avances en materia de economía circular aplicada ao packaging alimentario, un ámbito no que a empresa da nosa comarca é un referente estatal e internacional. Segundo fai saber Ecoplas Barbanza, esta aposta polo sustentábel materialízase a través dunha manchea de proxectos activos de I+D, entre os que se contan Ecobionet, Biovege, Vegepack e Bialac.

A empresa da Pobra explica que a economía circular é “un modelo de produción e consumo que implica compartir, alugar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posíbel para xerar un valor engadido”. Estes conceptos, engade Ecoplas, “convertéronse nos alicerces para continuar na senda do crecemento e o desenvolvemento da compañía”. Nun plano máis concreto, esta folla de ruta colleu corpo nos seguintes fitos de desenvolvemento: a eliminación de caixas de cartón no packaging, o enfardado de palets con filme fabricado con nanotecnoloxía, o desenvolvemento de bobinas de 1.500 metros e full palets, a redución do peso do canuto interior nun 50%, o emprego de canutos de plástico reciclado ou a reutilización de canutos interiores de malla.

Os produtos que fabrica Ecoplas axudan a diminuír a pegada de CO2 da parcela de transporte e do consumo de materias primas. Amais, “todos os procesos están optimizados para ter o menor consumo enerxético, explican fontes da empresa”, engadindo que a maiores dispón de instalacións de placas solares que producen a enerxía que utiliza nos seus procesos de fabricación e por tanto, o seu consumo de enerxía procede de fontes de enerxías renovábeis.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.