O luns empeza en Ribeira e Muros a vacina de maiores de 80 anos. Galicia rexistra un total de 8.616 casos activos da Covid

21 Febreiro 2021

800 persoas maiores de 80 anos están citadas en varios Centros de Saúde na fase de vacinación da área sanitaria de Santiago-Barbanza. Na comarca son os veciños de mais de oitenta anos de Ribeira e Muros os citados. Tamén son convocados ps de A Estrada, Arzúa, Melide, Negreira, Santa Comba e
Silleda.

Centro Saúde Ribeira

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.616, deles 2.869 son da área da Coruña, 838 da de Lugo, 632 da de Ourense, 1.150 da de Pontevedra, 1.316 da área de Vigo, 950 da de Santiago e 861 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 155 están en UCI, 580 en unidades de hospitalización e 7.881 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 99.967 persoas curadas, rexistrándose 2.172 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.623.072.


Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Muros ergue a voz contra a violencia machista

Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión