Programa GALP: unha gran axuda para potenciar o sector pesqueiro e turístico da localidade

17 Febreiro 2021

O GALP Costa Sostible afronta o final do seu programa de axudas, que está aberto ata o 1 de marzo. A entidade dispón de case 900.000 euros para desenvolver actividades que teñan que ver co sector pesqueiro.

O programa tivo unha incidencia directa dende o seu arranque, pois os proxectos financiados crearon 83 postos de emprego e destes, case a metade (36) foron ocupados por mulleres. Nesta convocatoria é favorábel que se fagan as propostas relativas ao sector pesqueiro antes do peche da convocatoria. De feito, este é o primeiro obxectivo estratéxico.

A iniciativa tamén persegue fomentar un ámbito pesqueiro máis sostible a través da mellora na xestión dos recursos e do incremento do valor engadido, así como da diversificación e da innovación dos estadios da cadea de valor que se vinculan á transformación, distribución e comercialización.

A entidade supramunicipal xa apoiara nos últimos anos proxectos referentes aos produtos marítimos como a marca Azul de Portosín ou o Polbo da Lonxa, ambos destinados a fomentar e reivindicar o consumo de varios tipos de peixe.

Doutra banda, as subvencións que proporcionou GALP permitiron crear e expandir empresas. Un exemplo é Mariscos Antón, en Muros, que ten contratados a máis de 50 traballadores.

Cabe mencionar que todo isto é de gran importancia para potenciar o turismo do territorio e a ría de Muros e Noia. Así, creáronse numerosas iniciativas vinculadas a este sector e naceron compañías como o Hotel do Porto de Muros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.