A procesión da Virxe do Carme, colofón dos festexos de verán en Corrubedo

12 Agosto 2019

20190812. A parroquia ribeirense de Corrubedo despediu as súas festas coa procesión da Virxe do Carme organizada pola asociación Corrubedo XI Séculos. Así, a imaxe da patroa dos mariñeiros estivo acompañada da Virxe do Perpetuo Socorro e da Virxe do Cabo. Entre as autoridades e persoeiros presentes figuraban, entre outros, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; concelleiros dos distintos grupos municipais; o párroco Gelasio López; e a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores.

Ademais, a procesión contou co acompañamento dos grupos As Silvaveiras e Xiada.

Trala ofrenda floral no mar, a comitiva regresou á igrexa onde se cantou a Salve Mariñeira conducida polo Coro Parroquial de Corrubedo, á cal se sumaron numerosas persoas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...