En marcha os obradoiros de emprego de Ribeira, O Son, Noia, Lousame e Outes

29 Decembro 2020
Presentación do Obradoiro de Emprego Tahume VI na Casa da Cultura de Xuño/Imaxe: Canal Rías Baixas

Esta semana de Nadal inauguráronse oficialmente os obradoiros de emprego autonómicos que achegarán capacitación a corenta persoas desempregadas ao tempo que realizan traballos de recuperación, rehabilitación e dinamización de espazos e infraestruturas na nosa comarca. Estamos a falar do taller Tanume VI, que se vai desenvolver en Ribeira e Porto do Son, e do máis do obradoiro de xestión forestal que dará formación en xestión forestal a vinte persoas dos concellos de Noia, Lousame e Outes. O primeiro presentouse na Casa da Cultura de Xuño. O segundo activouse oficialmente no antigo Colexio de Cruceiro de Roo.

O obradoiro de Ribeira e Porto do Son

O Obradoiro Tahume VI, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, realízase conxuntamente entre os Concellos de Porto do Son e Ribeira. Serán 9 meses de aprendizaxe e capacitación ao abeiro das especialidades de Traballos de carpintería e moble e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. A subvención conta con 346.946,00€ para os devanditos obxectivos de formación e empregabilidade e 9.000€ para incentivos á contratación. Participan no taller 20 persoas, dez por cada municipio. En Ribeira, os traballos da modalidade forestal concentraranse principalmente en Couso e o monte de San Alberte, a través da repoboación con especies autóctonas; mentres que a especialidade da carpintería desenvolverá o proxecto de recuperación de pasarelas nos areais ou a elaboración de pasamáns para a praia da Corna. No caso de Porto do Son, a carpintería permitirá repasar moitas das pasarelas que se distribúen ao longo dos seus quilómetros de litoral, así como a construción de mobiliario urbano como por exemplo bancos ou macetas, entre outros.

O obradoiro de Outes, Noia e Lousame

O antigo Colexio de Cruceiro de Roo acolleu o inicio das actividades do obradoiro de xestión forestal que se desenvolve xa nos concellos de Outes, Noia e Lousame. Do mesmo xeito có de Ribeira e O Son, conta con financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade. Céntrase en achegar recursos de utilidade sobre conservación e mellora de montes. O taller, concibido para unha vintena de alumnos, ten a súa sede de operacións en Outes. A Xunta contribuíu con 347.000 euros ao seu desenvolvemento, ao que cómpre engadir 16.500 euros para incentivar a contratación en empresas da contorna das persoas participantes.

Durante nove meses o alumnado recibirá a formación teórico-práctica prevista nos certificados de profesionalidade, alternándoa co desenvolvemento de traballos consistentes na mellora de masas arbóreas, rozas, podas ou reforestación. As actividades prácticas levaranse a cabo en diferentes recantos forestais dos tres municipios.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.