As obras do centro social de Corrubedo farano accesíbel e de meirande utilidade

05 Agosto 2019

20190805 O centro social de Corrubedo, antiga escola unitaria construída a mediados da década dos cincuenta, está a ser obxecto dunha serie de melloras por parte do Concello de Ribeira, co fin de incrementar as súas capacidades para fins veciñais e facelo máis accesíbel. En concreto, estase a dotar dunha sala de usos múltiples, un proceso que pasa pola ampliación do andar baixo, que terá unha superficie de preto de 140 metros cadrados. A sala terá conexión co resto do edificio e, co exterior, por medio dunha rampla que favoreza e garanta a accesibilidade a colectivos con diversidades funcionais.

A maiores a entrada principal do predio liberarase dos atrancos que poidan dificultar a entrada de cadeiras de rodas. Tamén se mellorará o illamento do edificio, co fin de que gañe en sustentabilidade enerxética. As obras non impiden o uso do espazo de lecer infantil lindeiro que se atopa dentro do recinto, que segue a ser usado (nestas datas de gran afluencia de visitantes) pola cativada local.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...