Aberta a matrícula das escolas de idiomas de Noia e Ribeira

04 Novembro 2020

As seccións comarcais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abriron un período de matrícula extraordinario para os cursos que ofertan este ano académico.

Os interesados en estudar inglés ou francés aínda están a tempo de inscribirse durante este mes ata completar prazas. No departamento noiés quedan vacantes en todos os niveis de inglés tamén en francés hai prazas libres en todos os grupos.

Na sección de Ribeira conta unicamente con formación en inglés e ten prazas vacantes en toda a súa oferta educativa.
Para inscribirse na escola de Noia, situada no instituts Virxe do Mar os interesados poden enviar un correo cos seus datos e o nivel ao que queren acceder a eoi.santiago.noia@edu.xunta.gal ou chamar 881 866 831. De igual modo, no caso de Ribeira, ubicando no Instituto Número Un, os trámites realizaranse a través da dirección eoi.santiago.ribeira@edu.xunta.gal ou no teléfono 881 866 908.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.