Arde un camión cargado de cartón en Padrón

14 Outubro 2020

 O 112 Galicia rexistrou esta mañá un incendio dun camión que se saldou sen feridos, pero si con danos materiais importantes. Tratouse dun camión cargado con cartón, que comezou a arder na Rúa Castelao. A rápida intervención dos membros do GES da localidade permitiu extinguir o lume en pouco tempo, pero, con todo, botouse a perder toda a carga do camión e o incendio chegou a afectar aos cables de subministración eléctrica da zona. Isto pode ocasionar problemas aos veciños, polo que, desde o 112 Galicia, informouse á empresa encargada do servizo.

Este operativo activouse pasados uns minutos das sete desta mañá despois de recibir no 112 Galicia a chamada dunha persoa particular e mesmo do condutor do camión. Ás oito da mañá o lume xa estaba extinguido.  

Ase mesmo onte rexistrouse un incendio dun coche na VG-15 Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro en incendio de vehículo na VG1.5 ao seu paso por Noia, xunto SMPC de Noia e GES de Brión.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...