O Concello da Pobra pinta o interior do Polideportivo da Tomada

01 Outubro 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal informou do remate das obras de mantemento levadas a cabo no Polideportivo da Tomada, unha das accións preparadas para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano e a través do cal “búscase ofrecer aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade”.

A dita actuación comprendeu pintar as paredes de bloque de todo o perímetro, agás a parede da bancada, dun modo consistente nunha primeira man de imprimación co disolvente nas zonas afectadas pola auga e en rematar con dúas mans de pintura acrílica especial para interior. O investimento ascendeu a 7.419’72 euros, IVE incluído.

Así mesmo, procedeuse a repintar as paredes do banco e bancadas: unha primeira man de imprimación onde se requirise, un repaso das gretas e remate con pintura acrílica especial para interior. O importe foi de 3.301’12 euros, IVE incluído. Ámbalas obras foron executadas por Gilberto Pinturas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.