Rianxo en Común solicita un plan específico para manter no mellor estado posíbel as estradas municipais

01 Outubro 2020

O grupo Rianxo en Común, a través do seu voceiro Julián Bustelo, vén de emitir un comunicado no que convida ao Goberno local a dar unha viraxe á metodoloxía empregada para o acondicionamento das estradas das parroquias. En palabras da agrupación, “cómpre superar a ineficaz política de rebacheo pola vía da aplicación de criterios obxectivos en base aos que se organicen as actuacións sobre os accesos e vías de titularidade municipal”.

Para Rianxo en Común, resulta necesario poñer en marcha un plan de mantemento dos viarios municipais coa finalidade de “establecer un calendario de actuacións a curto e medio prazo na rede de estradas e camiños municipais, así como nas cunetas, en base a un diagnóstico do seu estado de conservación”. Para a plataforma rianxeira, a organización das actuacións e a súa xestión arredor dun calendario previo que sirva de folla de ruta “permitiría tamén planificar a disposición de medios e fondos propios para desenvolver as obras necesarias”.

As imaxes mostran o pobre dunha recente actuación de arranxo levada a cabo no Xens (Araño), unha actuación que o grupo cualifica de “deficiente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.