Na Pobra rematados os traballos de mantemento anuais do céspede natural no campo da Alta

15 Setembro 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal comunica que concluíu a subministración de céspede natural no campo da Alta, unha das actuacións preparadas para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano. O obxectivo desta intervención reside en ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.

A dita actuación foi executada por Jardinería Arce e o investimento ascendeu a 9.304’90 euros, IVE incluído.
Así, o proxecto comprendeu a escarificación de dobre pasaxe do céspede do
campo de fútbol cun escarificador tipo verticut, a sega de limpeza do firme
triturado e a recollida de restos vexetais extraídos a un contedor para un xestor autorizado. Tamén se procedeu co corte oco, sólido e a recollida do canudo.
Ademais, recebouse con area USGA especial para este labor (2 bañeiras de 24 toneladas cada unha), e efectuouse a subministración e a achega de 200 quilos de fertilizante e 200 quilos de semente fórmula renovator con tractor-apeiro para unha maior homoxeneidade e distribución dos compoñentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.