A cidadanía da Pobra contará cun servizo de balde de asesoramento xurídico-laboral

29 Xullo 2019

20190729 O Concello da Pobra vén de presentar un novo servizo de interese para a cidadanía. Trátase dunha iniciativa de información e atención do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, que atenderá ás veciñas e veciños do municipio ofrecéndolles asesoramento cando o requiran, comprometéndose a subministrar unha contestación ás súas demandas laborais e xurídicas nun prazo que non irá máis alá das 24 horas.

O servizo de asesoramento, que se vai subministrar de balde, será o primeiro destas características que se pon en marcha na comarca. Foi posíbel grazas a un convenio entre o Concello e os colexios oficiais de graduados da Coruña e Ourense. A iniciativa foi dada a coñecer no auditorio Valle-Inclán, onde se fixo fincapé que A Pobra é a segunda localidade onde está operativa logo da súa posta en marcha, hai dous anos, na propia cidade da Coruña.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.