“Unha mañá de verán sen sol”. Por Andrés Fariña

14 Agosto 2020
Andrés Fariña

A magnífica acollida da nosa sección de opinión segue a aumentar as súas sinaturas. Un novo colaborador incorporase á nosa sección. Trátase de Andrés Fariña Cadenas, de sobra coñecido na cidade e na comarca, é licenciado en Ciencias Empresariais e catedrático de Economía, foi director xeral de Pesca e edil en Ribeira. En Santiago foi edil de Facenda, Deportes, Relacións Institucionais, Sanidade e Mercados. Para nos é unha honra contar cos seus textos que periodicamente ocuparán a nosa web. Seguimos invitando ós nosos leitores a que aporten os seus escritos e os manden a redaccion@obarbanza.gal.

Unha mañá de verán sen sol. Por Andrés Fariña

Din que debemos afacernos a unhas vacacións non supeditadas ao sol. O territorio, por natureza dános moitas opcións para gozar do tempo de lecer.

A peatonalizacion é unha boa política encamiñada a potenciar esa oferta para as persoas que necesitan un tempo de relax e socialización. Mais que un “ relaxing cup of cafe con leite”.

O pasado luns, por necesidades de guion, optei por pasear coa miña neta polo centro da cidade e teño que recoñecer o agradable que resultou o paseo pola rúa Galicia, Rosalía de Castro, o Malecón e a praza do Concello.

A pesar da covid-19, pareceume que habia ambiente nas tendas, as terrazas estaban moi concorridas e en xeral as rúas estaban animadas. O día prestábase para entreterse pola cidade, e o centro urbano peonalizado axuda con esa tranquilidade que nos proporciona o manter os coches, cos seus ruídos e contaminación, afastados dos paseos. Harmonía entre ciclistas e peóns, como sempre foi, antes de derrapar na arrogancia do volante.

Rúa Rosalía de Castro Ribeira. Foto Joferpa

Creo que o centro urbano de Ribeira gañou moito coa peonalización e, a estas alturas, os comerciantes mais reticentes supoño que xa son conscientes da mellora.

Tamén agradécese a limpeza das rúas. Di un amigo alcalde que o mais importante dunha cidade é a limpeza e a seguridade. É a tarxeta de visita que presenta aos visitantes. A cidade tambien é ao final un produto ao dispor de quen a queira gozar e na que moitos participamos no seu desenvolvemento. E facémolo por acción, por omisión e por voto. Unha poboación faise cidade pola acción dos seus habitantes pero tamén polo recoñecemento dos seus visitantes. Non hai un sen outro. Require moito mais que incluír a palabra cidade na camiseta do equipo local. Por iso ségueme sorprendendo o abandono de certos barrios fronte ao interese en promocionar o título de cidade centenaria, ou cando se autoriza a derriba de casas tradicionais, o mais identitario dun territorio como nolo lembra a Fundación Ria.

E esa tranquilidade e acougo que nos permite a peatonalizacion pérdese cando entramos noutras zonas, igual de urbanas, como é a rúa Romero Ortíz e adxacentes. Espero que a partida orzamentaria que contén o orzamento municipal, por fin resolva este abandono e caos que sufrimos a 400 metros do centro da cidade, para seguir facendo, entre todos, cidade mais atractiva, mais limpa e mais segura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.