Os concellos do Barbanza contarán con servizo de normalización lingüística a través da liña de axudas da Deputación da Coruña

16 Xullo 2020

Máis de corenta concellos da provincia beneficiaranse da liña de apoio á creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística á que a Deputación da Coruña destina un total de 459.707,26 €. A responsábel da área de Normalización Lingüística, María Muíño, defende o compromiso da Deputación co galego e a necesidade de fomentar o seu uso desde as institucións.

“Os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e, polo tanto, poden cumprir un papel esencial á hora de promover o uso do galego. Neste sentido, a Deputación da Coruña mantén o apoio á creación dos servizos de normalización lingüística que dan apoio fundamental aos municipios no seu labor normalizador”, apunta a deputada da área de Normalización Lingüística, María Muíño.

Neste sentido, a liña de axudas contribúe á contratación de persoal especializado nos concellos e á creación de emprego no sector e será tamén de especial relevancia “nun momento como o que estamos a vivir en que a lingua está a ser tamén unha grande prexudicada da crise provocada pola Covid19”.

O BOP publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria coa concesión dos 459.707,26 € cun máximo de 15.000 € por servizo.

A POBRA DO CARAMIÑAL               15.000,00

BOIRO                                                 15.000,00 €

NOIA                                                    10.816,35 €

RIANXO                                                 15.000,00 €

RIBEIRA                                                15.000,00 €

ROIS – DODRO                                     15.000,00 €

Responsábel da área de Normalización Lingüística e da Mesa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.