CONGALSA reivindica o papel das empresas familiares durante a pandemia coa súa participación en Damos A Cara

14 Xullo 2020

Unha das grandes conclusións que podemos extraer da crise da COVID19 foi o importante papel despregado polas empresas da nosa comarca no máis cru da emerxencia sanitaria, que estiveron aí cando máis as precisamos (conserveiras, firmas de transformación en xeral, pesqueiras ou transportistas, e tamén os puntos de venda de alimentos e por suposto a xente do mar e do agro). Unha destas empresas foi CONGALSA, que, coa súa participación na iniciativa Damos A Cara, quere destacar a actividade realizada en tempos de pandemia, poñendo en valor as empresas familiares e reivindicando a súa dimensión social.

Segundo informa a empresa da Pobra do Caramiñal, as compañías que forman parte da iniciativa salientan distintos aspectos da actividade empresarial, uns valores que CONGALSA tamén quere enxalzar, como por exemplo o carácter familiar, a importancia que se dá á conta de resultados emocionais para os traballadores, e, tamén, o valor do compromiso social.

A iniciativa

A iniciativa Damos A Cara foi posta en marcha por empresarios e traballadores de empresas familiares de Galicia. A campaña, que tamén se estendeu a nivel estatal, quere mostrar o compromiso destas empresas e traballadores para superar a actual crise sanitaria e económica. Un dos obxectivos da mesma, na que traballan arreo entidades como a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e o Instituto de Empresa Familiar (IEF), é xuntar forzas para a recuperación do benestar e do emprego en Galicia e en España. Este mes de xullo contabilizáronse máis de 1.400 empresas e preto de 1,4 millóns de persoas integrando xa este movemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.